Estudiantes de 4º de ESO gañan o Concurso de Guións do Concello de Lalín 
Martes, Maio 19, 2009, 11:21 AM
El jurado del concurso de guiones cinematográficos Cinema e Saúde, promovido por el Concello de Lalín a través del Servizo de Prevención de Drogodependencias, se reunió ayer para valorar los cinco trabajos finalistas. La propuesta presentada por tres alumnos del colegio Sagrado Corazón fue la escogida como ganadora. En concreto se trata del trabajo de Sandra Vales, Andrea Saavedra y Martín Losón.
El premio de este certamen consistirá en el rodaje del guión cinematográfico escogido, a cargo de la empresa Audiovisual Andamiaxe. Una grabación que posteriormente se proyectará en toda Galicia. En total se habían presentado doce trabajos por alumnos de tercero y cuatro de los centros de educación secundaria de Lalín.
  |   ( 2.9 / 226 )
Charla de Educación Cívico-Tributaria 
Luns, Maio 11, 2009, 04:56 PM


Hoxe o alumnado de 2º de ESO recibiu a visita dun responsable da Agencia Tributaria para lles falar da importancia que os impostos teñen na nosa sociedade. Enmarcado dentro da Educación para a Cidadanía esta charla de Educación Cívico-Tributaria serviulles aos mozos e mozas para reflexionar sobre moitos dos servizos que o Estado presta aos cidadáns e que estes serían imposibles sen a existencia dos impostos.

  |   ( 3.2 / 215 )
Celebración do Día de Europa 
Venres, Maio 8, 2009, 04:49 PM
Hoxe o Colexio estivo de celebración para conmemorar o Día de Europa enmarcada dentro do proxecto Célula Europa



  |   ( 2.9 / 202 )
Celebración do Día do libro 2009 
Venres, Abril 24, 2009, 04:46 PM
Onte, 23 de abril, co gallo da celebración do Día do libro os rapaces e rapazas do último ciclo de Primaria receberon a visita do escritor, antropólogo e antigo profesor do noso Centro, Xoán Carlos García Porral.
Durante a súa charla o alumnado puido comprobar de primeira man como era o proceso creativo dun libro e asemade puideron coñecer moitos detalles sobre mitos e lendas locais recopilados nas obras deste xove antropólogo lalinense.
Unha iniciativa que esperamos que serva para promover o hábito da lectura entre os nosos rapaces.
  |   ( 2.6 / 214 )
Visita a Sogama de 1º ESO 
Mércores, Abril 22, 2009, 07:23 PM
O pasado 16 de Abril os alumnos de 1º ESO do Colexio visitaron a
Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA), en Cerceda co fin de aprender un pouco máis sobre o traballo desenvolvido en dita planta nas diferentes áreas como a xestión ambiental, enerxías renovables, innovación tecnolóxica e desenvolvemento sostible.
Un dos obxectivos principais da visita foi orientar aos alumnos en actitudes persoais na procura dunha mellora dos comportamentos ante os residuos e, por extensión, fomentar a cultura da sustentabilidade, concienciando sobre a importancia da redución de residuos.

  |  enlace relacionado  |   ( 2.9 / 304 )

Seguinte